Competencias metodolóxicas: desenvolver as habilidades de crítica e autocrítica de
traducións; identificar e explotar a potencialidade dos repertorios das culturas implicadas; ampliar os coñecementos teóricos dos ámbitos de servizos culturais e da tradución así como a súa aplicación.
Desenvolvemento da creatividade e da inferencia na resolución das situacións tradutivas.
A1 A2 A3 A5
C17 C18
D9 D22
Aprender a traballar con autonomía consonte as normas máis comúns do mundo profesional.
Competencias contrastivas: capacidade
para dominar os elementos de discrepancia ortotipográfica, morfosintáctica, discursiva e pragmática; dominar as diferenzas
dos mecanismos de coherencia e cohesión e de construción textual das dúas linguas;
coñecer a terminoloxía e fraseoloxía específicas.
A3
C2 C3 C4 C17
D7 D17
Competencias textuais: desenvolver a capacidade para traducir textos do ámbito dos servizos culturais.
A2 A5
C17 C18 C27
D4 D7 D14 D17 D22
Competencias profesionais: coñecer o mercado da tradución de textos dos servizos culturais en Galicia para a combinación lingüística alemán-galego e español; desenvolver un autoconcepto de tradutor/a
profesional e da súa autoestima; desenvolver a capacidade de tomar decisións;
fomentar o dominio dos diferentes aspectos das relacións interpersoais con clientes,
iniciadores, destinatarios e informadores;desenvolver a capacidade para superar as fallas tradutivas individuais.
A2 A4
C2 C4 C10 C14 C17
D3 D4 D7 D8 D9 D12 D14 D22
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000