Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Francés-Galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Francés-Galego Código V01G230V01933
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Luna Alonso, Ana
Correo-e aluna@uvigo.es
Profesorado
Fernández Ocampo, Anxo
Luna Alonso, Ana
Web
Descrición xeral "Servizos culturais: Francés-Galego" é unha materia pluridimensional ambientada no sector dos servizos e nutrida por textos de contido cultural, que corresponde con prácticas moi activas no mercado profesional, como pode ser a xestión e tradución dos patrimonios culturais ou a organización de eventos.
Ademais da diversidade dos xéneros textuais que a compoñen, outra característica da tradución dos servizos culturais é o feito de que non hai operación nin proxecto comercial que non se exprese nunha linguaxe cultural, o cal explica que esta especialidade é unha das principais aliadas na formación en tradución publicitaria. O cultural serve logo de rexistro comunicativo no que se expresan tensións económicas, identitarias e políticas.
O seu ensino pretende atender non só a vertente fr/gl (en calquera das direccións), senón que constitúe unha introdución eficaz ás actividades propias deste sector especializado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000