Saídas de estudo/prácticas de campo |
[réxime de avaliación continua]
Dentro das posibilidades de realización da saída de estudos real, o traballo de campo serve para familiarizarse co lugar e as instalacións dunha entidade cultural que preste a súa colaboración para coñecer ou mesmo protagonizar a súa política tradutora. A entidade poderá ser un museo, un espazo expositivo, un concello, un arquivo, unha oficina de turismo, unha asociación, unha ONG, unha empresa da industria cultural ou en xeral a organizadora dun evento.
Esta experiencia serve para compoñer un corpus de textos para traducir en galego ou en francés. Unha segunda saída de estudos pode servir para comprobar a aceptabilidade das traducións no universo modal do lugar visitado e, se procede, recoller o impacto das traducións e a opinión das persoas responsables da entidade, eventuais destinatarias das traducións realizadas polo alumnado.
A nota dos traballos realizados polo alumnado componse da participación activa na saída de estudo (10% da nota final), da aceptabilidade e calidade do produto traducido (30% da nota final) e da formulación de resultados a partir da comprobación (10% da nota final).
En caso de un/ha alumno/a non poder participar na saída (por razóns xustificadas) o/a docente proporalle unha actividade paralela adaptada ás súas circunstancias. |
50 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
[réxime de avaliación continua]
Dúas probas de tradución en aula, con control de tempo, que servirán para avaliar capacidades concretas (por exemplo a reactividade) ou respostas diante de dificultades concretas (por exemplo a tradución dos nomes propios). Cada unha das dúas probas contará un 10% da nota final da avaliación continua.
Para estas probas o alumnado non poderá utilizar documentación nin recursos externos, agás cando o tipo de texto precise o uso de ferramentas. Neste caso o docente comunicará as instrucións oportunas coa suficiente antelación. |
20 |
O alumnado deberá informar o profesorado por escrito nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua ou que non xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non asistir ó 80% das sesións, non entregar todas as encargas nos prazos sinalados, non realizar as probas en aula) deberá presentarse ó exame final do día 11 de decembro na hora de clase. O exame final (día 11 de decembro de 2014) consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os problemas atopados e solucións adoptadas. O alumnado que suspenda o exame de decembro, deberá presentarse ao exame final de xullo. O alumnado que siga a avaliación continua só deberá realizar as probas suspensas en xullo. O exame de xullo estará fixado polo Centro. |