|
Descrición |
Cualificación |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Dúas prácticas sobre o primeiro bloque de edición e tradución de textos (20% da nota cada unha), das que o contido e as condicións quedarán especificadas en Faitic: 40% da nota
Dúas prácticas sobre o segundo bloque de localización (20% da nota cada unha), das que o contido e condicións quedarán especificadas en Faitic: 40% da nota
Portafolio, que haberá que actualizar regularmente ata o final do cuadrimesre, e do que o contido e condicións quedarán especificadas en Faitic: 20% |
100 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C5 C7 C10 C11 C14 C15 C17 C18 C19 C21 C23 C31
|
D3 D4 D5 D7 D9
|
|
Outros comentarios sobre a Avaliación |
No inicio do curso, cada estudante poderá escoller entre acollerse a:
1) un sistema de avaliación progresivo e acumulativo, a partir da resolución das encomendas prácticas e a entrega dun exercicio obrigatorio ou
2) un sistema de avaliación única cun único exame.
As prácticas serán asignadas os venres, ao acabar o período lectivo asignado a cada tema.
A proba de avaliación única realizarase na data que determine o calendario institucional. Constará de dúas partes: na primeira será avaliado o coñecemento dos contidos propios da materia a partir dunha batería de preguntas curtas; na segunda, na sala de ordenadores, será avaliada a pericia no uso das tecnoloxías presentadas na materia. O exame da convocatoria extraordinaria terá as mesmas características que o exame de avaliación única.
Os alumnos que non aproben a materia en xaneiro presentaranse en xullo ás partes que teñan suspensas.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nese exercicio ou proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade a este respecto.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas ns que as probas de avaliación teñen lugar. |