No inicio do curso, cada estudante poderá escoller entre acollerse a 1)
un sistema de avaliación progresivo e acumulativo, a partir da
resolución das ecomendas prácticas, que requerirá un 80% de asistencia
ás aulas; 2) un sistema de avaliación única con exame único. A proba de
avaliación única realizarase na penúltima semana lectiva que determine o
calendario institucional. Constará de 2 partes: na primeira, escrita,
será avaliado o coñecimento dos contidos propios da materia a partir
dunha batería de preguntas curtas; na segunda, en sala de computadores,
será avaliada a pericia no uso das tecnoloxías presentadas na materia. O
exame da convocatoria extraordinaria de xullo terá as mesmas
características que o exame de avaliación única. |