Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permtirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos téoricos da materia. Estes contidos avaliaranse na proba presencial de exame. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das sesións maxistrais.
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase todo tipo de exercicios relacionados coa competencia tradutora. Poderán ser exercicios nos que se aplique a autorrevisión, revisión e corrección alleas de textos traducidos, así como traducións (competencias traballadas durante as sesións). Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade dos problemas.
Traballos tutelados A simulación de procesos de tradución profesional implica que a a docente guíe o alumnado durante as sesións para que tente emular eses procedementos e acade a calidade axeitada. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das sesións.
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar e entregar por escrito en castelán, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. O traballo será avaliado cunha cualificación numérica. Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Será considerado como sumativo (se a cualificación iguala ou supera o aprobado) ou non (no caso de obter un suspenso) para a avaliación continua. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das sesións para redactar este traballo.
Prácticas de laboratorio Entragaráselle ao alumnado textos para seren traducidos. O alumnado tentará simular procesos reais de traballo. O control das entregas farase mediante Faitic. Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade das sesións destinadas a estas prácticas.
Actividades introdutorias A primeira sesión presencial dedicarase a explicar os obxectivos, temario, avaliación e metodoloxía docente. Se o alumnado ten algunha dúbida ao respecto é necesario que lla formule directamente á docente durante ou tras estas actividades. De non haber dúbidas, entenderase que o alumnado comprendeu a totalidade dos contidos desta sesión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000