Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permtirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos téoricos da materia. Estes contidos avaliaranse na proba presencial de exame (respostas curtas).
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase todo tipo de exercicios relacionados coa competencia tradutora. Poderán ser exercicios nos que se avalíe a autorrevisión, revisión e corrección alleas, así como a tradución (competencias practicadas durante as sesións). Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Estes contidos serán detallados e avaliados na proba presencial de exame (parte práctica). 30 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C5
C8
C10
C11
C15
C18
C21
C22
C27
D6
D7
D9
D10
D16
D23
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar e entregar por escrito en castelán, e de xeito individual, o traballo (resumo e unha simulación sobre unha norma ou un proceso de tradución profesional) encomendado a comezos de curso. O traballo será avaliado cunha cualificación numérica. Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.
15
Prácticas de laboratorio Entragaráselle ao alumnado textos para seren traducidos. O alumnado tentará simular procesos reais de traballo. Terase moi en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. Estes contidos avaliaranse na entrega de revisión e corrección xustificadas dunha proba non presencial de tradución. O control da entrega farase mediante Faitic. 30
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler varios artigos en idioma I (cf. bibliografía) que serán avaliados mediante unha proba de resposta curta.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Avaliación
O alumnado ten que optar a comezos de curso por unha das dúas modalidades de avaliación: continua ou única.
1 Para o alumnado que segue a avaliación continua, todas as probas propostas son obrigatorias. O alumnado deberá superar todas as probas para poder superar a materia. O alumnado que suspenda algunha das probas deberá recuperar esa parte na data oficial do exame de maio-xuño. O alumnado que suspenda a avaliación de maio-xuño poderá presentarse á convocatoria de xullo na data oficial, fixada pola Facultade, que incluirá todos os contidos da materia. Gardarase a parte aprobada para xullo no caso de habela.
A avaliación continua consta das seguintes probas obrigatorias:
-- Entrega a través de Faitic dun resumo e unha simulación sobre unha norma ou un proceso de tradución profesional. A data de entrega será na segunda sesión da semana de 3 a 7 de abril: 15%.
-- Revisión e corrección xustificadas dunha proba non presencial de tradución. A data fíxase para a segunda sesión da semana de 20 a 24 de marzo: 30%.
-- Proba presencial de exame consistente en parte teórica (respostas curtas ou tipo test) e parte práctica de tradución. Non se permitirá o uso de ordenador, nin de materiais de consulta na parte teórica. A data fíxase consonte ao calendario oficial: 55%.

2 Para o alumnado que non se acolla á avaliación continua, o de avaliación única, haberá dúas convocatorias de exame: maio-xuño (data oficial) e xullo (data oficial). O exame consistirá na realización dun traballo de tradución directa (inglés-galego), así como dunha proba de respostas curtas e longas sobre as lecturas que aparecen marcadas como "[lectura obrigatoria]" na bibliografía. Non se permitirá empregar materiais auxiliares, nin ordenador na parte teórica. Deberá superar as dúas probas para facer media. Non se gardará para xullo a parte aprobada en xuño no caso de habela.

b) Baremo e outros comentarios

c) Baremo e outros comentarios











O baremo é
o seguinte:

1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.


Os erros ortograficogramaticais, así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación.

2 Exercicio de tradución:
Sen sentido (SS): -1,00

Contrasentido (CS): -1,00

Omisións (Om): -1,00

Erro de gramática (G): -0,50

Erro de sintaxe (S): -0,50

Erro de ortografía (O): -0,25

Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000