Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistencia habitual ás sesións presenciais e participación activa, que require a preparación previa dos exercicios propostos. Entrega de todos os traballos e exercicios de clase que as profesoras demanden. 20 CE3
CE4
CE9
CT15
CT22
Traballo Realizaranse dúas entregas, unha de subtitulado e outra de dobraxe.
As datas de entrega fixaranse en clase, atendendo ao calendario, ao ritmo de impartición dos contidos e a unha distribución racional da carga de traballo.
Como datas orientativas: o traballo de subtitulado entregarase a semana 10 e o de dobraxe a 14.
60 CE2
CE3
CE4
CE5
CE8
CE9
CE13
CE14
CE17
CE18
CT2
CT5
CT6
CT7
CT8
CT12
CT14
CT16
CT17
CT22
Exame de preguntas obxectivas Proba de resposta curta dos contidos teóricos da materia. Para que faga media, hai que sacar un mínimo de 5 nesta proba.
DATA: esta proba coincidirá coa de avaliación única do calendario oficial de exames da FFT.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

** PODERANSE DESCONTAR ATA 2 PUNTOS POR FALTA DE ORTOGRAFÍA EN CALQUERA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADAS ARRIBA

------------------------

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e porcentaxes da avaliación continua son os arriba indicados). No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día en que se matricule un xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na primeira edición de actas deberá ir á avaliación única na data especificada no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade. A proba consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes.

As entregas, exercicios, lecturas, etc. feitas ao longo do curso servirán ao final para redondear a nota á alza.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

O alumno que siga o sistema de avaliación continua e non alcance a nota mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no calendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo.

Os alumnos que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes. 

Todas as probas realizaranse na
lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

É responsabilidade do alumno consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

ALUMNADO ERASMUS

Requírese un nivel B2 de lingua A español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000