Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Proba de resposta curta dos contidos teóricos da materia. Para que faga media, hai que sacar un mínimo de 5 nesta proba.
DATA: última semana de clase
30 C3
C4
C9
D15
D22
Traballos e proxectos Realizaranse dúas entregas, unha de subtitulado e outra de dobraxe.
As datas de entrega fixaranse en clase, atendendo ao calendario e tendo en conta os períodos sen docencia e unha distribución racional da carga de traballo.
70 C2
C3
C4
C5
C8
C9
C13
C14
C17
C18
D2
D5
D6
D7
D8
D12
D14
D16
D17
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día en que se matricule un xustificante especificando este particular. Para ser avaliado na primeira edición de actas deberá entregar o traballo de subtitulado, o de dobraxe e presentarse á proba teórica.

O alumno que non alcance a nota mínima presentarase en xullo ás partes non superadas. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

Haberá un único exame na data fixada polo centro que abarcará todos
os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (para que
as partes (teórica e práctica) fagan media, é necesario obter un
mínimo de 2,5 sobre 5 en cada parte). O exame realizarase na
lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha dos seus partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000