Educational guide 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora dos estudantes, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 CB1
CB2
CB3
CB4
CE4
CE5
CE8
CE17
CE22
CE27
CT14
CT16
CT22
CT23
Aprendizaxe colaborativa Durante as últimas 4 semanas do curso, correspondentes ao tema 3, os estudantes desenvolverán un proxecto de tradución inversa en grupo. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 3. Data de entrega: 16/12/22. Lugar de entrega: exercicio creado no sitio da materia na plataforma de teledocencia. No caso do alumnado que participe nas actividades da modalidade de Aprendizaxe-servizo, este proxecto desenvolverase no marco do proxecto de ApS. 30 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE4
CE5
CE8
CE15
CE17
CE21
CE22
CE27
CT3
CT8
CT12
CT14
CT16
CT22
Resolución de problemas Os estudantes deben subir á plataforma de teledocencia dentro do prazo establecido para cada unha delas todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirá e puntuará dúas das tarefas propostas (as mesmas para todo o alumnado do curso). A cada tarefa corresponderalle un 20%. No caso do alumnado que participe nas actividades da modalidade de Aprendizaxe-servizo, as tarefas puntuadas serán tarefas desenvolvidas no marco do proxecto de ApS. 40 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE4
CE5
CE8
CE15
CE17
CE21
CE22
CE27
CT5
CT6
CT14
CT15
CT16
CT22
CT23
Práctica de laboratorio Na segunda sesión da semana do 24 ao 28 de novembro de 2022 os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Se houbera algún cambio con respecto a esta data, anunciarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados na materia a través da plataforma de teledocencia. 20 CB2
CE4
CE5
CE17
CE22
CT15
CT22
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao remate do tema 1, os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data de celebración da proba: segunda sesión da semana do 17 ao 21 de outubro de 2022, en horario de clase. Se houbera algún cambio con respecto a esta data, comunicarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados a través da plataforma de teledocencia. 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CE4
CE26
CE27
CT15
CT22
Autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE4
CE5
CE8
CE15
CE17
CE21
CE22
CE26
CE27
CT3
CT5
CT6
CT8
CT12
CT14
CT15
CT16
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo no relativo aos dereitos e deberes do alumnado. Xa que logo, o alumnado ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. O alumnado que se encontre en situacións excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade laboral, ten dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas situacións deberán ser notificadas na primeira semana do curso ou no momento en se produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas.

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no rexime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado. A metodoloxía de aprendizaxe-servizo só se aplicará ao alumnado de avaliación continua.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais, os requisitos de avaliación e as novidades a través da plataforma MooVi e estar ao tanto das datas nas que as probas da avaliación teñen lugar.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (DECEMBRO):

O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade de avaliación correspóndese co sistema de avaliación continua. A aceptación da avaliación continua implicará a aceptación das condicións que se indican a continuación e a renuncia á avaliación única. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación.

Esixencias do sistema de avaliación continua:

- Deixar constancia por escrito a través de MooVi da vontade de acollerse á modalidade de avaliación continua na primeira semana do curso.

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:

a) Encomenda individual de tradución directa.

b) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. 

c) Proba práctica de tradución directa. 

d) Encomenda grupal de tradución inversa. 

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos.

Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:

Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse na plataforma docente para que todo o alumnado matriculado na materia poida acceder a eles. 

De maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de suspenso (0) aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

- Incumpran as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN.

Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua?

O estudantado que deixase constancia por escrito a través de MooVi durante a primeira semana do curso da súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua, perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do inglés cara ao español (60%)

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Neste exame obterán acualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán).

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO):

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do inglés cara ao español (60%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. 

En calquera das probas obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán).

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.


PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

En calquera das convocatorias e probas, o estudantado tén dereito, se o solicita, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.


*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:

1. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

2. Diferenzas entretextos científicos e textos técnicos.

3. O texto científico como ferramenta de comunicación.

4. Metas da linguaxe científica.

5. Elementos e características do estilo científico-técnico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000