O sistema de avaliación
seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de
Vigo no relativo aos dereitos e deberes do alumnado. Xa que logo, o alumnado
ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento
que se especifica nesta guía docente. O alumnado que se encontre en situacións
excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou
lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade laboral, ten
dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas situacións
deberán ser notificadas na primeira semana do curso ou no momento en se
produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas. As metodoloxías
descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas
aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no réxime de avaliación
continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á
segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste
mesmo apartado. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
DE AVALIACIÓN (XANEIRO): O sistema de avaliación
aplicado na primeira oportunidade de avaliación correspóndese co sistema de
avaliación continua. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás
clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas
condicións na primeira oportunidade de avaliación. Esixencias do sistema
de avaliación continua: - Deixar constancia por
escrito a través da plataforma TEMA da vontade de acollerse á modalidade de
avaliación continua na primeira semana do curso. - Entregar dentro do
prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas
aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80%
inclúense obrigatoriamente as seguintes: a) Encomenda individual de tradución directa. b) Proba teórica de
resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. Data de realización: 2ª
sesión de clase da semana do 17 ao 21 de outubro. c) Proba práctica de
tradución directa. Data de realización: Semana do 14 ao 20 de novembro. d) Encomenda grupal de tradución inversa. Data de entrega: 10 de xaneiro de 2017. Para o desenvolvemento
das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de
medios telemáticos. Os estudantes teñen
dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse
presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou
calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida
efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra
data. Criterios de avaliación
empregados no sistema de avaliación continua: Os criterios de
avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e
publicaranse en FAITIC para que todo o alumnado matriculado na materia poida
acceder a eles. De maneira xeral, en
calquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de
suspenso aqueles alumnos que: - Cometan dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). - Incurran
en plaxio total ou parcialmente. - Incumplan
as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou
proba. - Cometan
un contrasentido (aplicable ás traducións). EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA
MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE
DE AVALIACIÓN. Que ocorre se non quero
acollerme ao sistema de avaliación continua? O estudantado que deixase
constancia por escrito a través de FAITIC durante a primeira semana do curso da
súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua, perderá o
dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un
exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes
probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba teórica sobre
os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será
obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8. 2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (60%) 3. Proba práctica de
tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do español cara ao
inglés (30%). Para desenvolver este
exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os
estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que
acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade,
lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non
poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado
noutra data. Neste exame obterán a
cualificación de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan dúas faltas
de ortografía (aplicable ao castelán). - Cometan un
contrasentido (aplicable ás traducións). - Incurran en plaxio
total ou parcialmente. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE
AVALIACIÓN (XULLO): PARA SUPERAR A MATERIA
NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE
CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS
SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre
parénteses): 1. Proba teórica sobre
os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8. 2. Proba práctica de
tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao
español (60%). 3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do español cara ao inglés (30%). Para desenvolver o
exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios
telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un
xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela
persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial,
terá dereito a ser examinado noutra data. En calquera das probas
obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). - Cometan un
contrasentido (aplicable ás traducións). - Incurran en plaxio
total ou parcialmente. PARA SUPERAR A MATERIA
SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE
TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE
AVALIACIÓN ELIXIDO. *CONTIDOS TEÓRICOS
MÍNIMOS ESIXIDOS: 1. Diferenzas entre
coñecemento xeral e especializado. 2.
Características dos textos especializados. 3. A comunicación
científica: obxectivos, fins e axentes. 4. Diferenzas entre
textos científicos e textos técnicos. 5. O texto científico como ferramenta de comunicación. 6. Metas da linguaxe
científica. 7. Elementos e
características do estilo científico-técnico.
|