Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora dos estudantes, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 A1
A2
A3
A4
C4
C5
C8
C17
C22
C27
D14
D16
D22
D23
Proxectos Durante as últimas 4 semanas do curso, correspondentes ao tema 4, os estudantes desenvolverán un proxecto de tradución inversa en grupo. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 4. Data de entrega: 10 de xaneiro de 2017. Lugar de entrega: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC e impreso na caixa do correo nº 109. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C27
D3
D8
D12
D14
D16
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). As profesoras farán un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirán e puntuarán unha das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso). 40 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C27
D5
D6
D14
D15
D16
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na semana do 14 ao 20 de novembro os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. É obrigatorio superar esta proba para superar a materia. Lugar: aula asignada para a docencia da materia. A data exacta da proba anunciarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados na materia. 20 A2
C4
C5
C17
C18
C22
D15
D22
Probas de resposta curta Ao remate do tema 2, os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data de celebración da proba: segunda sesión da semana do 17 ao 21 de outubro de 2016, en horario de clase, na aula correspondente. A data exacta comunicarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados. 10 A1
A2
A3
A4
C4
C26
C27
D15
D22
Probas de autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C26
C27
D3
D5
D6
D8
D12
D14
D15
D16
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación
seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de
Vigo no relativo aos dereitos e deberes do alumnado. Xa que logo, o alumnado
ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento
que se especifica nesta guía docente. O alumnado que se encontre en situacións
excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou
lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade laboral, ten
dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas situacións
deberán ser notificadas na primeira semana do curso ou no momento en se
produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas.

As metodoloxías
descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas
aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no réxime de avaliación
continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á
segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste
mesmo apartado.

 

PRIMEIRA OPORTUNIDADE
DE AVALIACIÓN (XANEIRO):
 

O sistema de avaliación
aplicado na primeira oportunidade de avaliación correspóndese co sistema de
avaliación continua. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás
clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas
condicións na primeira oportunidade de avaliación.

Esixencias do sistema
de avaliación continua:

- Deixar constancia por
escrito a través da plataforma TEMA da vontade de acollerse á modalidade de
avaliación continua na primeira semana do curso.

- Entregar dentro do
prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso,
 incluídas
aquelas que non teñen peso na cualificación final. 
Dentro dese 80%
inclúense obrigatoriamente as seguintes: 

a) Encomenda individual de tradución directa. 

b) Proba teórica de
resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. Data de realización: 2ª
sesión de clase da semana do 17 ao 21 de outubro.

c) Proba práctica de
tradución directa. Data de realización: Semana do 14 ao 20 de novembro.

d) Encomenda grupal de tradución inversa. Data de entrega: 10 de xaneiro de 2017.

Para o desenvolvemento
das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de
medios telemáticos. 

Os estudantes teñen
dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse
presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou
calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida
efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra
data.

 

Criterios de avaliación
empregados no sistema de avaliación continua:

Os criterios de
avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e
publicaranse en FAITIC para que todo o alumnado matriculado na materia poida
acceder a eles.

De maneira xeral, en
calquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de
suspenso aqueles alumnos que:

-       Cometan dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). 

-       Incurran
en plaxio total ou parcialmente.

-       Incumplan
as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou
proba.

-       Cometan
un contrasentido (aplicable ás traducións).

EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA
MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE
DE AVALIACIÓN. 

Que ocorre se non quero
acollerme ao sistema de avaliación continua?

O estudantado que deixase
constancia por escrito a través de FAITIC durante a primeira semana do curso da
súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua
, perderá o
dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un
exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes
probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre
os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será
obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (60%)

3. Proba práctica de
tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do español cara ao
inglés (30%).

Para desenvolver este
exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os
estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que
acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade,
lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non
poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado
noutra data.

Neste exame obterán a
cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan dúas faltas
de ortografía (aplicable ao castelán). 

- Cometan un
contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio
total ou parcialmente.

 

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE
AVALIACIÓN (XULLO):
 

PARA SUPERAR A MATERIA
NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE
CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS
SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre
parénteses):

 

1. Proba teórica sobre
os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de
tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao
español (60%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver o
exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios
telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un
xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela
persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial,
terá dereito a ser examinado noutra data.

 

En calquera das probas
obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). 

- Cometan un
contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio
total ou parcialmente.

 

PARA SUPERAR A MATERIA
SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE
TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE
AVALIACIÓN ELIXIDO.

 

*CONTIDOS TEÓRICOS
MÍNIMOS ESIXIDOS:

 

1. Diferenzas entre
coñecemento xeral e especializado.

 2.
Características dos textos especializados.

3. A comunicación
científica: obxectivos, fins e axentes.

4. Diferenzas entre
textos científicos e textos técnicos.

5. O texto científico como ferramenta de comunicación.

6. Metas da linguaxe
científica.

7. Elementos e
características do estilo científico-técnico.












Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000