Estudo de casos/análises de situacións |
Valoración do estudo de caso entregado polo grupo de traballo e debate cos seus membros. O traballo poderá entregarse en castelán ou en galego, indistintamente. A puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10.
O traballo deberá ser subido á plataforma FAITIC, a máis tardar, o martes 7 de abril. |
40 |
Probas de tipo test |
Realización de dous cuestionarios sobre os contidos da materia. O primeiro terá lugar o venres, 6 de marzo. O segundo, o xoves 30 de abril. A puntuación será de 0 a 6, nunha escala de 0 a 10. |
60 |
Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumno deberá participar nas actividades previstas na materia e asistir ao 70% das sesións presenciais de clase, agás circunstancias excepcionais, debidamente xustificadas e admitidas polo docente. Dado as porcentaxes de cualificación asignadas, o alumnado pode obter a máxima cualificación sen necesidade de realizar a proba de resposta curta. Non obstante, poderá mellorar a súa cualificación presentándose á esta. No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá realizar un único exame o día 11 de maio. O exame terá unha parte teórica que se realizará mediante unha proba oral sobre os primeiros seis temas (valor 50%) e outra práctica (resolución por escrito, na aula e durante un máximo de 90 minutos, dun exercicio relacionado co tema sete, debidamente actualizado; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente, obtendo un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada unha. O exame poderá facerse en castelán ou galego indistintamente. Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame, na data oficial marcada pola Facultade. O exame terá unha parte teórica que se realizará mediante unha proba oral sobre os primeiros seis temas (valor 50%) e outra práctica (resolución por escrito, na aula e durante un máximo de 90 minutos, dun exercicio relacionado co tema sete, debidamente actualizado; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente, obtendo un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada unha. O exame poderá facerse en castelán ou galego, indistintamente. |