Sesión maxistral |
Neste apartado o docente repasará co alumnado os perfis profesionais da interpretación, as modalidades da actividade e as técnicas de interpretación máis estendidas nas distintas situacións comunicativas. Repasaranse os esforzos implicados no proceso de interpretación. A encomenda de interpretación.
Tamén neste apartado trataremos as diferentes técnicas de interpretación simultánea para que os alumnos as poñan en práctica. |
Traballos tutelados |
O alumno deberá realizar un traballo sobre algún contido da materia (o docente entregará ao comeza da materia unha listaxe con temas que poderá elixir o alumno), que será tutelado polo profesor. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Neste apartado visualizaremos vídeos e textos para tentar resolver dificultades que tería un intérprete á hora de traballar. |