O obxectivo desta materia é que o estudante perfeccione a súa competencia interpretativa no marco da interpretación simultánea e que desenvolva as técnicas de tradución á vista como actividade profesional e como aprendizaxe da coordinación de esforzos cognitivos. A finalidade é que, ao término da formación, o alumnado consiga realizar satisfactoriamente unha interpretación simultánea dunha área temática non especializada na combinación inglés>idioma 1.