Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Terase en conta só para os estudantes que se acolleren á avaliación continua.
Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e da tradución á vista.
10 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C6
C8
C12
C13
C17
C18
C20
C21
C22
C24
C25
C27
C30
C32
C33
D1
D2
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha proba de interpretación simultánea inglés>idioma 1. Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica.
90 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C6
C8
C12
C13
C17
C18
C21
C22
C25
C27
C30
C33
D1
D2
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D13
D14
D17
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes serán avaliados a través dunha proba consistente na interpretación simultánea dun discurso na combinación inglés>idioma 1. A proba terá lugar na última semana do calendario lectivo. Os criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior. A porcentaxe da nota do exame é do 90% para os estudantes que se acolleren á avaliación continua e do 100% para os demais. Para poderen optar á avaliación continua, os estudantes deberán asistir a un 80% das sesións. Alén diso, será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados.

O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 10% correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000