Os exames tenrán lugar na data establecida nos respectivos calendarios de exames (decembro e xullo) da FFT. O exame constará da IS dun discurso en directa (inglés -español ou galego) de entre 800 e 1.200 palabras e cunha duración de entre 8 e 12 minutos, máis unha proba de inversa (español ou galego - inglés) dun discurso de entre 600 e 800 palabras (6-10 minutos). O valor das probas será: 40% para a directa e 30% para a inversa. O tema de traballo será o mesmo para ambas probas. O valor de cada un dos apartados será como segue: (1) técnica = 20%, (2) expresión = 20%, (3) contido = 60%. Para o alumnado que se acolla ó sistema de avaliación única así como para quen se someta á segunda convocatoria ou posteriores, as condicións serán idénticas ás arriba indicadas, excepto porque no haberá valoración por avaliación continua. Os exames se realizarán na mesma sesión para todo o estudantado O alumnado que decida acollerse ó sistema de avaliación continua deberá indicalo ó longo do primeiro mes do curso. Pasado ese prazo, e de non haber indicación ó respeto, entenderase que se acollen ó sistema de exame final único. Para acollerse ó sistema de avaliación continua é recomendable asistir a, polo menos, un 80% das sesións de clase. O alumnado que suspenda a materia nunha convocatoria deberá examinarse da totalidade da materia nas siguientes convocatorias de exame. |