Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Cada estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías. Nas titorías axudaráselle ao alumnado a reflexionar sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñar un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia. Non se descarta que cada estudante teña que procurar formas que impliquen máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos mínimos da materia. Mesmo neste caso, recoméndase que consulte as súas dúbidas canto antes para saber como superalas a tempo. No caso da autoavaliación formal prevista para a metade do cuadrimestre, cada estudante deberá presentar á docente coordinadora unha diagnose da súa evolución na aprendizaxe da materia, detectando os seus puntos fortes, débiles e mais as causas destes últimos. Así mesmo, proporá formas para superalos. Como punto de partida, terá en conta a matriz de valoración que se utilizará para cualificar a proba final da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000