I. Introdución
1. Repaso dos obxectivos de aprendizaxe da materia de interpretación consecutiva idioma 1: inglés.
2. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade. |
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Axustar o nivel da lingua materna: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
3. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e comezar a superalas.
4. Afondar no traballo de escoita e análise (concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe).
5. Dominar as fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais e os fundamentos da toma de notas.
6. Detectar os conectores e practicar a súa anotación.
7. Elaborar discursos propios na lingua B con fluidez e propiedade.
8. Reformular sinteticamente e con corrección na lingua A discursos producidos na lingua B.
|
II. Fundamentos
1. Consolidación das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva entre as linguas A e B. |
1. Consolidar as capacidades de escoita e análise e mellorar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
2. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas A e B e consolidar a capacidade de alternancia no sentido da interpretación (da lingua A á B e da B á A) iniciada na introdución á interpretación bilateral de 3º.
3. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas. Aceptar a imposibilidade da perfección da interpretación e do control sobre o discurso orixinal.
4. Facer un bo uso da toma de notas: ter criterio para seleccionar a información, introducir e integrar os símbolos útiles para cada estudante, experimentar distintas formas de toma de notas, equilibrar a utilización das notas e o uso da memoria, dominar a notación dos conectores. |
IV. Consolidación
1. Superación definitiva das dificultades de
aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación
consecutiva ante situacións de maior nivel de dificultade. |
1. Ser capaz de restituír información complexa e especializada en consecutiva: conceptos abstractos, nomes propios, discursos de especialidade.
2. Saber preparar e interpretar discursos de especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
3. Dominar a restitución de números e unidades, saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do discurso, saber tomar decisións acaídas sobre a análise e a restitución do discurso.
4. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
5. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos de maior dificultade (densos, complicados e rápidos). |