Traballos de aula |
Durante a realización de traballos na aula, avaliaranse de maneira individual o traballo realizado polos estudantes, supervisándose, corrixindo e explicando as súas opcións traductolóxicas. Na resolución de problemas e actividades de forma autónoma, avaliarase o traballo dos estudantes, a súa maneira de coordinarse e organizar as tarefas e o desenvolvemento da tradución antes da súa entrega final. Realizarase atención personalizada dos estudantes durante as titorías. A plataforma de teledocencia FAITIC funcionará como medio para incluir os materiais necesarios para o deselvolvemento da materia e para a comunicación individualizada de calificacións, etc. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. A atención do alumnado que non asista ás clases realizarase únicamente no horario de titorías. Os periodos correspondentes coas revisións de traballos, encomendas e exames non superarán as 3 semanas e realizaranse durante as titorías do profesorado. |
|