Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nas actividades introdutorias valorarase o nivel de coñecementos previos de economía dos estudantes.
Estudos/actividades previos Nas sesións de estudo e actividades previas os docentes proporcionarán información sobre os diferentes temas que compoñen os contidos. Ademais, os estudantes deberán adquirir pola súa conta coñecementos sobre un tema económico, por medio da busca documental e o procesamento da información buscada.
Sesión maxistral Nas sesións de tipo maxistral presentaranse contidos teóricos sobre economía. Estes conceptos deberán poñerse en práctica no traballo de tradución desenvolvido na aula así como nas encomendas que se poidan facer de maneira individual.
Traballos de aula Realizaranse na aula algúns exercicios de análise textual e de tradución supervisada, individuais e en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000