A asistencia a clase é «obrigatoria» para acollerse á avaliación continua. Non se avaliará de forma continua a ningún alumno que non asistise a unha determinada cota de clases, salvo en casos moi excepcionais, que, por suposto, deberán ser debidamente xustificados e acreditados. É dicir, para poder acollerse á avaliación continua o alumno deberá participar en todas e cada unha as actividades previstas na materia tanto dentro como fose da aula. A porcentaxe mínima de presencialidade (que se controlará pasando lista en cada sesión) é do 80%. En todas as probas propostas será imprescindible responder a todas as preguntas. O exame final, que terá lugar durante a última semana de clase, constará de 3 probas nas que non se permitirá o uso de dicionarios nin de ningún tipo de material: - unha tradución xurada do francés ao español (50%)
- e outra tradución xurada do español ao francés (50%)
Tanto na segunda como na terceira proba calquera erro no protocolo de paratradución das respectivas traducións xuradas invalidan as probas. A copia ou o plaxio serán penalizadas. Con respecto á corrección tanto de todas e cada unha das probas do curso como do exame final, que terá lugar durante a última semana de clase, cabe sinalar que se prestará unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfolóxicas e sintácticas da lingua francesa. Atención! Tres erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos invalidan calquera proba. No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, o exame final que terá lugar durante a última semana de clases, constará ademais das mesmas tres probas que a avaliación continua, doutras dúas probas de tradución xurada (o que fai un total de cinco probas escritas) con dicionarios: unha directa e outra inversa. Ademais do cinco probas mencionadas o alumnado deberá concertar unha entrevista co profesor para a realización dunha proba oral en francés na que contestará as preguntas do profesor. A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación non continua que se acaba de describir no parágrafo anterior. |