Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As probas prácticas consistirán nun total de dúas traducións realizadas fóra das aulas. Todas estas probas avaliables terán unha extensión máxima dunha páxina, e a súa entrega fóra de prazo contará como un 0. 70 A2
A3
A4
C3
C4
C9
C17
C21
C22
C26
D4
D6
D9
D14
D15
D22
D23
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico clásico de 10 preguntas breves que se realizará a final de curso, o último día de clase para os de avaliación contínua e o día 12 de xaneiro de 2015 para os de avaliación única. 30 A1
A3
A4
A5
C3
C26
D6
D8
D9
D15
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada alumno poderá acollerse a dúas oportunidades de avaliación por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse á avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro. A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua, e a falta de asistencia non xustificada a máis do 20% das horas presenciais (é dicir, a máis de 10 horas presenciais) suporá un suspenso automático. Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expediente contra o alumno. O plaxio suporá un suspenso automático, e ademais posibles medidas legais contra o alumno. Cómpre destacar que factores como a asistencia ás sesións teóricas, as lecturas ou a realización dos casos prácticos non teñen valor directo na avaliación, pero que a súa realización facilitará indirectamente o éxito nas probas avaliables.

Os exames sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 30 % da nota; e un exercicio de tradución directa que suporá o 40% da nota. Os alumnos que se acolleron a avaliación continua non poderán presentarse ao exame de decembro. O exame de decembro se realizará o día 12 de xaneiro ás 16:00 horas.

@s alumn@s que suspendan na primeira edición de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar á da primeira edición de actas sen avaliación contínua. Asi mesmo @s alumn@s de avaliación contínua que suspendan na primeira edición gardaráselles as notas aprobadas para a convocatoria de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000