Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
As probas prácticas consistirán nun total de dúas traducións realizadas fóra das aulas. Todas estas probas avaliables terán unha extensión máxima dunha páxina, e a súa entrega fóra de prazo contará como un 0. |
70 |
CB2 CB3 CB4
|
|
CE3 CE4 CE9 CE17 CE21 CE22 CE26
|
CT4 CT6 CT9 CT14 CT15 CT22 CT23
|
Probas de resposta curta |
A proba de resposta curta será un exame teórico clásico de 10 preguntas breves que se realizará a final de curso, o último día de clase para os de avaliación contínua e o día 12 de xaneiro de 2015 para os de avaliación única. |
30 |
CB1 CB3 CB4 CB5
|
|
CE3 CE26
|
CT6 CT8 CT9 CT15 CT17
|
Cada alumno poderá acollerse a dúas oportunidades de avaliación por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse á avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro. A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua, e a falta de asistencia non xustificada a máis do 20% das horas presenciais (é dicir, a máis de 10 horas presenciais) suporá un suspenso automático. Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expediente contra o alumno. O plaxio suporá un suspenso automático, e ademais posibles medidas legais contra o alumno. Cómpre destacar que factores como a asistencia ás sesións teóricas, as lecturas ou a realización dos casos prácticos non teñen valor directo na avaliación, pero que a súa realización facilitará indirectamente o éxito nas probas avaliables. Os exames sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 30 % da nota; e un exercicio de tradución directa que suporá o 40% da nota. Os alumnos que se acolleron a avaliación continua non poderán presentarse ao exame de decembro. O exame de decembro se realizará o día 12 de xaneiro ás 16:00 horas. @s alumn@s que suspendan na primeira edición de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar á da primeira edición de actas sen avaliación contínua. Asi mesmo @s alumn@s de avaliación contínua que suspendan na primeira edición gardaráselles as notas aprobadas para a convocatoria de xullo. |