Estudos/actividades previas |
Nestas sesións as docentes proporcionarán información sobre os temas que compoñen os textos que se traducirán. Insisitirase na fase de documentación previa á realización de encomendas e traducións na aula. As docentes recomendarán certas fontes pero espérase que os alumnos tamén aporten documentación paralela que axude á realización das súas versións. |
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma |
Estas actividades consistirán, sobre todo, na tradución dos textos propostos nas sesións na forma de encomendas avaliables que deberán realizarse de maneira autónoma ou grupal. |