Cada alumno poderá acollerse a dúas oportunidades de avaliación por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse á avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro (data no calendario oficial). A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua. Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á docente durante a primeira semana da materia na ficha que se debe entregar con foto.
Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expediente contra o alumno. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
Os exames sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 35 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 35% da nota. A data desta proba é a que aparece no calendario oficial de exames.
Os alumnos que suspendan na primeira edición de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar á da primeira edición de actas sen avaliación contínua. Así pois os alumnos de avaliación contínua que suspendan na primeira edición gardaráselles as notas aprobadas para a convocatoria de xullo.
OUTROS COMENTARIOS:
En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:
-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non se aplicará nas tarefas de tradución inversa).
-Cometan máis de dous erros gramaticais na parte directa (catro no caso das tarefas de tradución inversa). A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa correción lingüística.
-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).
-Incorran en plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
-A docencia de cada parte dos contidos poderá experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado.
|