Actividades introdutorias |
Actividades de repaso das competencias adquiridas na materia "Interpretación de enlace francés-galego" e de introdución ás competencias específicas da materia "Interpretación consecutiva francés-galego".
Exercicios de interpretación de memoria, análise, síntese e elaboración de discursos, así como de reflexión sobre cuestións teóricas básicas e cultura xeral.
Este período de actividades introdutorias será desenvolvido polo profesor Óscar Ferreiro, quen impartirá un total de 12 horas da materia. |
Prácticas de laboratorio |
Práctica de interpretación consecutiva, con distintas variantes en función da fase e necesidades de aprendizaxe. |
Traballos de aula |
Actividades realizadas na clase, de forma individual ou en grupo, para exercitar e desenvolver as competencias da materia ou poñer en práctica coñecementos teóricos. |