As clases de tradución non son clases de idiomas; o estudante ha de procurar alcanzar, pois, pola súa conta os coñecementos de alemán e español necesarios e adecuados á materia. Non se admiten faltas de ortografía - entre as que se contan os erros de acentuación -, anacolutos nin faltas de concordancia sintáctico-morfolóxicas. Os estudantes de intercambio Erasmus realizarán a principio de curso unha proba de nivel; corrixida esta, faráselles a recomendación correspondente. En ocasións constatouse unha diferenza significativa entre o rendemento en clase, a calidade dos encargos de tradución ou o resultado nos exames. En casos como estes, o docente resérvase a potestade de realizar calquera comprobación que conveña para determinar o grao real de coñecementos e capacidade do estudante.
O exame realizarase na convocatoria de xuño nos dous últimos días de clase; a data de xullo será a establecida pola Facultade. A avaliación será continua máis un exame ao final do cuadrimestre. Se algún estudante non pode, por forza maior, participar na avaliación continua poderá presentarse a un único exame ao final do cuadrimestre. A aqueles estudantes que opten pola avaliación continua respectaráselles as cualificacións parciais, isto é, aquelas que non son resultado do exame final.
O exame consta da tradución de dous textos; nun caso poderanse utilizar recursos informáticos, no outro, non, só obras de consulta en papel. En canto ás competencias que se avalían estas viran ao redor da capacidade de comprender un texto en alemán e de traducilo correctamente ao español, entendendo por correctamente: que o texto en español recolla de forma gramatical e lexicalmente correcta o contido do orixinal.
Non está permitido plaxiar nin copiar. |