Traballo tutelado |
Elaboración en equipo e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun artigo de divulgación técnico-científica. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C2 C3 C4 C5 C8 C14 C17 C22 C28
|
D2 D5 D6 D7 D8 D12
|
A presente disciplina pode
cursarse, na primeira convocación anual, en rexime de avaliación
continua (en que se
valorizará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a
participación regular e activa nas aulas)
ou de avaliación única (exame oficial). No entanto, na convocación de xullo
só é posíbel o rexime de avaliación única (exame oficial). Na primeira convocación anual, enténdese que un alumno opta polo rexime
de avaliación continua (o máis recomendábel nesta disciplina!) cando realiza
algunha das actividades da avaliación continua (encomendas de tradución individuais,
traballo en equipo). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na
media aritmética ponderada das clasificacións nas dúas encomendas de tradución
individuais (cada unha, 35 % da clasificación global) e no traballo en equipo
(30 %); non obstante,
no caso de a media aritmética das clasificacións nas dúas encomendas de
tradución individuais ser inferior a 4,6 puntos, a clasificación global coincidirá con esa media aritmética de dúas clasificacións. Os alumnos que non superaren a avaliación continua
mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da convocación de xullo (de cuxa parte
teórica ficarán eximidos no caso de teren presentado, no correspondente ano lectivo,
un traballo en equipo satisfactorio, con clasificación de 5,0 puntos ou superior) ou
acollérense aos reximes de avaliación de sucesivas convocatorias. (A primeira
encomenda de tradución individual será lanzada durante a primeira semana lectiva
de abril, a segunda encomenda de tradución individual será lanzada durante a última semana de abril e o traballo en equipo será exposto e
entregado na terceira semana de maio). O exame oficial da disciplina (convocatorias de maio [data, hora e lugar establecidos polo Decanato] e xullo [data, hora e lugar establecidos polo Decanato]) consta dunha parte práctica (75 % da clasificación global) e —se o alumno non estiver exento por ter presentado no mesmo ano traballo en equipo satisfactorio (v. supra)— dunha parte teórica a redactar en galego (25 % da clasificación global); a parte práctica do exame, para cuxa realización o alumno deberá comparecer provisto dun computador portátil con ligazón á internet, consiste en dúas traducións para galego de textos redactados en alemán destinados á socialización do coñecemento técnico-científico, unha breve e presencial (45 % da clasificación da parte práctical) e outra extensa e non presencial (55 % da clasificación da parte práctica). |