Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Entrega, individual e/ou en grupo de varias actividades de traducións e análise crítico contrastivo ao longo do curso (7,5% con cada profesora). Traballo lectura obrigatoria (5%) 20
Proxectos Dúas encomendas individuais con comentario crítico de dificultades nos dous casos (25% cada entrega).
Data de entrega primeira encomenda: 24 de febreiro
Data de entrega segunda encomenda: 6 de abril
50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia que consistirá nunha tradución e un comentario de dificultades no que o alumno xustifique as súas propostas. A tradución valerá 8 puntos e o comentario 2 puntos.
Data: 29 de abril de 9 a 11h.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (80% de presencialidade). Porén, se algún alumno, por causa xustificada, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas primeiras semanas de clase un escrito asinado especificando este particular. Nese caso, presentarase ao exame final de avaliación única, que suporá o 100% da materia e terá lugar o mércores 29 de abril de 9 a 11h. O examen constará dunha tradución do inglés ao castelán e un comentario que xustifique as propostas de tradución. Poderanse usar dicionarios e conexión a internet. A proba da avaliación única incluirá preguntas sobre a novela obrigatoria. O mesmo se aplicará á proba de xullo.


Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000