Avaliación continua Nas dúas primeiras semanas de clase, o alumnado deberá comunicarlle ó docente a súa intención de acollerse á avaliación continua. En todo caso, para poder manterse dentro desa modalidade de avaliación continua, deberá asistir polo menos ó 80% das horas presenciais. As competencias do alumnado serán avaliadas en función de tres metodoloxías diferentes: a) Mediante a resolución de exercicios, baixo a forma de tradución de encomendas (60% da nota final). A nota media dese bloque metodolóxico calcularase a partir das 3 mellores notas dun total de 5 encomendas. A primeira encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de febreiro de 2016. A segunda encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de marzo de 2016. A terceira encomenda de tradución deberá entregarse na terceira semana de marzo de 2016. A cuarta encomenda de tradución deberá entregarse na segunda semana de abril de 2016. A quinta encomenda de tradución deberá entregarse na cuartas emana de abril de 2016. b) Mediante o resultado das respostas achegadas durante a fase de traballo decampo na saída de estudos (20% da nota final). No caso de que as circunstancias impedisen o desenvolvemento da saída de estudos, a porcentaxe da nota final correspondente a esta metodoloxía de avaliación (20%) transferirase para o bloque de tradución de encomendas. Estas pasarán a representar o 80% da nota final. c) Mediante a corrección da proba práctica na aula (20% da nota final). Aproba práctica en aula terá lugar na derradeira semana do mes de abril de 2016. Non se conservará ningún aprobado parcial para a convocatoria da segunda edición de actas (xullo). Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2016) O alumnado que non se acolla á avaliación continua poderá realizar un exame final e único fixado para a derradeira sesión presencial da materia, segundo o calendario e horario da Facultade. Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota final. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica. Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2016) O alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso nas probas da avaliacióncontinua ou na convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2016) deberá presentarse á convocatoria da segunda edición de actas (xullo) fixada no calendario oficial da Facultade. Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota final. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que sexa obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame realizado. |