Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realizaranse e entregaranse ata 5 encomendas de tradución características do tipo de dificultades que se abordan na aula. Elaborarase unha nota media a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. 60
CB2
CB3
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CT4
CT7
CT22
Saídas de estudo/prácticas de campo Serán valorados os textos (informes, redaccións, traducións, resumos etc.) xerados polo alumnado como resultado da súa experiencia na saída de estudos. 20
CB1
CB4
CB5
CE8
CE17
CE18
CE24
CT4
CT7
CT15
CT16
CT18
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase na aula unha proba manuscrita de tradución con tempo limitado (2 horas). A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica. 20
CB3
CB4
CE2
CE30
CT8
CT18
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua

Nas dúas primeiras semanas de clase, o alumnado deberá comunicarlle ó docente a súa intención de acollerse á avaliación continua. En todo caso, para poder manterse dentro desa modalidade de avaliación continua, deberá asistir polo menos ó 80% das horas presenciais.

As competencias do alumnado serán avaliadas en función de tres metodoloxías diferentes:

a) Mediante a resolución de exercicios, baixo a forma de tradución de encomendas (60% da nota final). A nota media dese bloque metodolóxico calcularase a partir das 3 mellores notas dun total de 5 encomendas. A primeira encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de febreiro de 2016. A segunda encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de marzo de 2016. A terceira encomenda de tradución deberá entregarse na terceira semana de marzo de 2016. A cuarta encomenda de tradución deberá entregarse na segunda semana de abril de 2016. A quinta encomenda de tradución deberá entregarse na cuartas emana de abril de 2016.

b) Mediante o resultado das respostas achegadas durante a fase de traballo decampo na saída de estudos (20% da nota final). No caso de que as circunstancias impedisen o desenvolvemento da saída de estudos, a porcentaxe da nota final correspondente a esta metodoloxía de avaliación (20%) transferirase para o bloque de tradución de encomendas. Estas pasarán a representar o 80% da nota final.

c) Mediante a corrección da proba práctica na aula (20% da nota final). Aproba práctica en aula terá lugar na derradeira semana do mes de abril de 2016.

Non se conservará ningún aprobado parcial para a convocatoria da segunda edición de actas (xullo).

Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2016)

O alumnado que non se acolla á avaliación continua poderá realizar un exame final e único fixado para a derradeira sesión presencial da materia, segundo o calendario e horario da Facultade.

Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota final. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica.

Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2016)

O alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso nas probas da avaliacióncontinua ou na convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2016) deberá presentarse á convocatoria da segunda edición de actas (xullo) fixada no calendario oficial da Facultade.

Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota final. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que sexa obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir.

Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame realizado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000