Traballos e proxectos |
Encomenda de tradución individual. |
40 |
A materia é presencial (80% asistencia obrigatoria, salvo casos excepcionais). A entrega de calquera traballo ou tarefa suporá acollerse á avaliación continua. Para aprobar no sistema de avaliación continua o alumno deberá cumprir os requisitos de asistencia obrigatoria, entregar as todas tarefas propostas ao longo do semestre cuns mínimos de calidade, aprobar unha encomenda de tradución e unha proba de tradución na aula sen medios telemáticos (que será o día 4 de maio de 2015 ás 16.00 h, nunha aula por determinar). Aínda que en principio, para aprobar a materia cómpre aprobar todas as probas e traballos, terase en conta a evolución positiva e de mellora do alumnado cara ao final do cuadrimestre. Teranse en conta tamén a participación en clase e a evolución individual do alumno ao longo do cuatrimestre. Os alumnos que non se acollan a este sistema de avaliación continua deberán facer un exame que terá lugar o día 4 de maio de 2015, ás 16.00 h (nunha aula por determinar). O exame consistirá nunha práctica de tradución na que non se poderán empregar medios telemáticos; só dicionarios e glosarios en papel. A copia ou plaxio será penalizada. As condicións de avaliación e as características do exame na convocatoria de xullo serán as mesmas que as explicadas anteriormente para os alumnos que non sigan a avaliación continua. |