Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Terase en conta só para os estudantes que se acolleren á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e da tradución á vista, para alén da entrega dos traballos derivados das
interpretacións corrixidas.
15 CE1
CE2
CE6
CE9
CE13
CE17
CT4
CT7
CT13
CT23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá nunha proba final de interpretación simultánea de francés a galego. Para cualificar esta proba valoraranse os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos.
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica.
85 CE1
CE2
CE6
CE9
CE13
CE17
CT4
CT7
CT13
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes serán avaliados a través dunha proba consistente na interpretación simultánea dun discurso na combinación
FR>GL. A proba terá lugar en maio de 2016, na última semana do calendario lectivo. Os criterios de avaliación serán os
descritos no apartado anterior. A porcentaxe da nota do exame é do 85% para os estudantes que se acolleren á avaliación
continua e do 100% para os demais. Alén diso, será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba
de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos
outros apartados.
O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no calendario oficial. Empregaranse
os mesmos criterios de avaliación que se aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 15%
correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá unicamente ao resultado do exame realizado
nesta convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000