Recoméndase unha actualización permanente das informacións nacionais e internacionais da actualidade política, social, económica e cultural utilizando material impreso e audiovisual, así como estar ao corrente dos debates internacionais sobre temas de distintos ámbitos.
Así mesmo, recoméndase o uso da plataforma de teledocencia, tanto para a correción e actualización dos exercicios como para a información sobre teoria e práctica da interpretación, así como das temáticas estudadas e traballadas na materia.
Calquera plaxio ou copia total ou parcial nalgunha das partes do exame suporá un 0 nesa proba. |