Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IE así como a elaboración e enunciación de intervencións baixo a forma de entrevistas, debates ou negociacións que serán posteriormente interpretados polos estudantes. 10 C18
C21
D4
D6
D14
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. A proba consistirá nunha IE dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados polo profesor nas linguas da combianción (francés e galego). Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas.
-contidos:
coherencia intra- e intertextual -produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
- gramática e léxico. No caso de non rematar algunha das intervencións suspenderase a proba.
90 C18
C21
D4
D6
D14
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>A data oficial para a proba final tanto para o alumnado de avaliación contínua como única será a
data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.</p><p>Os/as alumnos/as que decidan acollerse á avaliación contínua deberán entregar un traballo de interpretación de enlace na data acordada dentro da aula entre docente e alumnos/as. Este exercicio dará dereito á obtención de 0,5 puntos que se sumarán á nota da proba final. </p><p>É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba final para dar por aprobada a materia.<br />Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua), como a segunda convocatoria, consistirán nunha proba de interpretación de enlace dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados nas linguas da combinación francés e galego. Nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000