Traballos de aula |
Os alumnos realizarán e entregarán un mínimo de 3 traballos de IB durante o cuadrimestre. Todos os alumnos deberán realizar unha proba que será corrixida e avaliada. Dita proba realizarase a final do cuadrimestre. Será imprescindible ter polo menos un 5 na devandita proba para aprobar. No caso dos alumnos que sigan a avaliación continua dita proba será o 60% da nota. Para aqueles que non sigan a avaliación continua, dita proba será o 100% da nota. |
60 |
Foros de discusión |
Todos os alumnos deberán achegar comentarios sobre dúbidas/problemas que xurdan durante o desenvolvemento da materia, mediante o uso do "foro de dúbidas" da plataforma TEMA. |
5 |
Para a avaliación continua é imprescindible cumprir cun mínimo do 80% de horas presenciais e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se detallan na presente guía. Aqueles alumnos que renuncien á avaliación continua terán que facer un exame final cara ao final do cuadrimestre (comunicarase a data exacta mediante a plataforma TEMA) que consistirá na realización dunha interpretación de ligazón sobre algún dos temas incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será o 100% da cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar a materia. Na convocatoria extraordinaria de xullo o alumnado realizará un exame final na data oficial que consistirá na realización dunha interpretación de ligazón sobre algún dos temas incluídos no temario. A cualificación obtida no devandito exame será a cualificación final da materia e haberá que sacar como mínimo un 5 para aprobar. |