Educational guide 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Galego
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución á interpretación de enlace: competencias básicas. 1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Ser capaz de expresarse correctamente e aplicar distintas estratexias na expresión oral en función da lingua: activar a lingua B e puír a lingua A.
3. Aumentar a mobilización de recursos lingüísticos nas linguas A e B.
4. Aumentar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
5. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade.
6. Ser conscientes do nivel necesario de galego e inglés: identificar posibles eivas e desenvolver estratexias para as superar.
2. Fundamentos da técnica de interpretación de enlace 1. Aumentar a capacidade de escoita e análise, concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe.
2. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas de traballo.
3. Desenvolver a capacidade de alternancia de lingua durante a interpretación.
4. Aprender a seleccionar a información relevante.
5. Consolidar a memoria a curto prazo e selección de información susceptíbel de ser anotada (sobre todo datos numéricos e nomes propios).
6. Reflexionar sobre a deontoloxía e a repercusión das escollas lingüísticas (linguaxe inclusiva, primeira ou terceira persoa etc.).
7. Ser capaces de realizar exercicios de preinterpretación.
3. Desenvolvemento da técnica e metacognición 1. Desenvolver a capacidade de anticipación.
3. Consolidar as capacidades de escoita e análise.
4. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas: aceptar a imposibilidade de perfección da interpretación e do control sobre as intervencións orixinais.
5. Ser quen de reflexionar con criterio sobre as intervencións e interpretacións propias e do resto da clase.
6. Ser quen de detectar as eivas sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo axeitado ás necesidades de aprendizaxe.
7. Ter claro o que se entende por unha boa interpretación e ser quen de avaliar interpretacións propias e alleas.
8. Ser capaces de realizar interpretacións curtas.
4. Fase avanzada: consolidación e perfeccionamento 1. Coñecer os debates actuais sobre a marxe de intervención da intérprete e o seu papel na mediación lingüística (visibilidade, implicación persoal, etc.).
2. Ser quen de saber adaptar a estratexia de interpretación en función do tipo de intervencións.
3. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
4. Dominio das decisións sobre resolución de problemas, toma de notas, análise e restitución do discurso para facilitar a comunicación.
5. Ser capaces de realizar interpretacións máis longas e complexas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000