Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
Materias
Tradución idioma 2, II: Alemán-Galego
Avaliación
Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 0
Traballos de aula
< Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC.
0
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula ou en casa, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC. 15
Traballos tutelados Haberá un traballos de entrega obrigatoria que consistirá nun traballo de investigación sobre unha tradución dun texto literario, científico ou divulgativo alemán ó galego. Este traballo, que se fará individualmente ou en grupos de 2 persoas (dependerá do número de alumnado matriculado na materia), deberá ser exposto na aula. A presentación do traballo (claridade do discursivo, etc.) contará un 3% (cf. infra "Presentacións/Exposicións), os contidos do traballo un 7%. A/O alumna/o contará coa
>tutela da profesora.

Entregaráselle ó alumnado e á profesora un resumo dos resultados ou aspectos máis importantes do traballo. Quedará ó dispor das/dos compañeiras/os nas TIC.

Data límite da escolla do tema do traballo: 20.10.2014

Data límite da presentación e entrega da sinopse: 5.12.2014.
10
Presentacións/exposicións Avalíase a competencia discursiva dos discentes nun contexto formal. 5
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó longo do semestre (aprox. 250 palabras).

O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
70
Probas de autoavaliación Teñen como finalidade comprobar o desenvolvemento da propia aprendizaxe. 0

Outros comentarios sobre a Avaliación

A copia ou o plaxio nos traballos tutelados, nos exercicios e nas probas serán penalizados.

A condición para ser avaliada será a asistencia a un 80% das aulas. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente.

Data do exame: última semana das aulas

A alumna e o alumno que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo, debe realizar un exame para todos os contidos da materia.

Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ó exame oficial da materia que terá lugar na última ou penúltima semana do curso; o exame terá lugar na última semana das aulas. A opción pola avaliación continua implica a renuncia por escrito á avaliación única. Enténdese que quen se presente ao exame final renuncia ás cualificacións conseguidas coas probas e traballos realizados durante o curso.

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou aspectos de estilística contrastiva. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

O alumnado debe comunicarlle á profesora o tipo de avaliación polo que optará ata pasado 2 semanas despois da matrícula, ou en calquera momento do curso por causas de forza maior (traballo, enfermidade...).

O exame de xullo incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou sobre aspectos de estilística contrastiva. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000