Avaliación
continua: A avaliación continua é a modalidade de ensino esperable. Enténdese que un alumno segue a avaliación
continua se presenta todos os traballos en tempo e forma e realiza as
probas propostas na materia. Aqueles alumnos que non desexen
acollerse a esta avaliación (e, por tanto, fágano á avaliación
única) deberán comunicalo por escrito durante as primeiras dúas semanas
de clase. Se, por causa de forza maior
(traballo, enfermidade
) debidamente xustificado, o estudante non puidese seguir a avaliación continua
a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. O alumnado acollido
á avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á
convocatoria de xullo debe superar un exame con todos os contidos do
curso. Penalizarase a
copia e o plaxio. Avaliación única: O alumnado que non se acolla á modalidade
presencial (avaliación continua) poderá acollerse á única. Nese caso, a
avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame
que terá lugar o último día de clase (coincidindo co de avaliación
continua). De non superar a materia na primeira edición de actas, disporá
dunha segunda oportunidade en xullo (2ª edición de actas). Nese caso, a
proba terá lugar na data fixada pola facultade. O exame
final incluirá cuestións teóricas
e prácticas relativas á totalidade de contidos abordados ao longo do
cuadrimestre. A nota mínima que se require para superar esta proba
é de 5 sobre
10. Como material de apoio para o exame poderase levar computador e
todo tipo
de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel.
O
exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250
palabras
(85%), un comentario ou preguntas sobre as estratexias tradutivas
aplicadas
(10%) e unha pregunta de control de lectura (5%). Penalizarase a copia e o plaxio. |