Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Subjects
  Translation language 2, II: English-Galician
Subject Guide
IDENTIFYING DATA 2014_15
Subject Tradución idioma 2, II: Inglés-Galego Code V01G230V01506
Study programme
Grao en Tradución e Interpretación
Descriptors Total Cr. Type Year Quadmester
6 Mandatory 3 1c
Teaching language
Galego
Inglés
Prerequisites
Department Tradución e lingüística
Coordinator
Álvarez Lugrís, Alberto
E-mail alugris@uvigo.es
Lecturers
Álvarez Lugrís, Alberto
Web http://http://faitic.uvigo.es - http://alugris.paratraduccion.com
General description Esta Tradución inglés-galego é unha materia obrigatoria 6 créditos ECTS situada no primeiro cuadrimestre do segundo curso do Grao en Tradución e Interpretación. En xeral, as distintas materias de tradución concíbense como continuación da materia de Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación e como un afondamento do alumnado no proceso tradutor e en tódolos parámetros que o determinan. É unha disciplina que proporciona unha formación básica e xeneralista. Básica porque o alumnado afonda nos rudimentos tanto teóricos como sobre todo prácticos para facerlles fronte ás encargas de tradución e ó resto de materias do grao; xeneralista porque se lle presentan unha grande cantidade de tipos textuais, encargos e problemas de tradución que emulan o traballo real que existe fóra da aula.
Os textos cos que se adoita traballar nesta materia teñen un baixo grao de especialización no sentido de que non presentan grandes problemas de terminoloxía nin de documentación sobre campos temáticos especializados, pero non se pode dicir que sexan textos especialmente sinxelos ou básicos. De feito, tódolos materiais cos que o alumnado traballa tanto na clase como individualmente son reais e non adaptados, susceptibles de seren obxecto de tradución e non simples actividades creadas ad hoc.
Podemos dicir que a Tradución idioma I é, xunto coa Antropoloxía de primeiro curso, a base común da formación de tradutores e intérpretes. Falamos de base común porque as dúas actividades (tradución e interpretación) se poden ver como dúas variantes dun mesmo comportamento social de mediación na comunicación. Existen, por suposto, diferenzas entre ámbalas dúas, pero tras delas subxace unha mesma actividade de transferencia.
Esta materia mantén por iso estreitas relacións didácticas, pedagóxicas, conceptuais e de procedemento coas demais materias do grao, xa que afonda nas ferramentas do proceso tradutor, que lle servirán ó alumnado para encarar, por exemplo, o estudo das traducións especializadas, inversas, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000