Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Axeitamento dos exercicios propostos e das traducións realizadas e entregadas á encarga e á situación de tradución 20
Prácticas autónomas a través de TIC Valoración das distintas actividades realizadas polo alumno en TEMA 10
Sesión maxistral Probas propostas ó fio dos contidos das sesións maxistrais 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nas dúas primeiras semanas de clase, todos os alumnos deberán entregarlle ó profesor da materia unha ficha de datos con foto. Non se avaliará ningún alumno que non entregue a ficha. 

Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumnado deberá participar en tódalas actividades previstas na materia e asistir ó 80% das sesións presenciais de clase.

Nas distintas probas propostas será imprescindible responder tódalas preguntas. Salvo que se indique outra cousa, pódese responder en calquera das dúas linguas de traballo da materia. 

Con respecto á corrección dos exames e exercicios, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame ou exercicio.

Nos exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a internet e outros materiais.

No caso do alumnado que non se acollan á avaliación continua, deberá realizar un único exame 
na última sesión de clase do cuadrimestre.  O exame terá unha parte teórica (resposta a unha ou dúas preguntas sobre a parte teórica do temario e/ou as lecturas obrigatorias; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente.

O exame, obrigatorio para tódolos alumnos, realizarase o derradeiro día de clase do cuadrimestre: 12 de decembro de 2014.

Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame na data fixada pola facultade. O exame terá unha parte teórica (resposta a unha pregunta sobre a parte teórica do
temario; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350
palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes
obrigatoriamente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000