Avaliación continua Nas dúas primeiras semanas de clase, o alumnado deberá comunicarlle ó docente
a súa intención de acollerse á avaliación continua. En todo caso, para poder manterse
dentro desa modalidade de avaliación continua, deberá asistir polo menos ó 80%
das horas presenciais. As competencias do alumnado serán avaliadas en función de tres metodoloxías diferentes:
a) Mediante a resolución de exercicios, baixo a forma de tradución de
encomendas (60% da nota final). A nota media dese bloque metodolóxico
calcularase a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. A primeira
encomenda de tradución deberá entregarse na última semana de setembro de 2014. A
segunda encomenda de tradución deberá entregarse na segunda semana de outubro
de 2014. A terceira encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana
de novembro de 2014. A cuarta encomenda de tradución deberá entregarse na terceira
semana de novembro de 2014. A quinta encomenda de tradución deberá entregarse na
segunda semana de decembro de 2014. b) Mediante a calidade das respostas achegadas durante a fase de traballo de
campo na saída de estudos (20% da nota final). No caso de que as circunstancias
impedisen o desenvolvemento da saída de estudos, a porcentaxe da nota final
correspondente a esta metodoloxía de avaliación (20%) transferirase para o
bloque de tradución de encomendas. Estas pasarán a representar o 80% da nota
final. c) Mediante a corrección da proba práctica na aula (20% da nota final). A
proba práctica en aula terá lugar o martes 9 de decembro de 2014. Convocatoria da primeira edición de
actas (decembro de 2014) O alumnado que non se acolla á
avaliación continua poderá realizar un exame final e único fixado para o
martes 9 de decembro de 2014. Este exame consistirá en: 1. Tradución fr>gl con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. A non ser
que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta
electrónica. 2. Encomenda de tradución fr>gl que recibirá o alumnado o día do exame e
que deberá entregar segundo as condicións especificadas nun máximo de 7 días
naturais: 40% da nota. É preciso aprobar as dúas partes para superar a materia. Poderase facer media
sempre e cando unha parte estea aprobada e a outra teña unha nota mínima de 4
sobre 10. Non se conservará ningún aprobado parcial para a convocatoria da segunda
edición de actas (xullo). Convocatoria da segunda edición de
actas (xullo de 2015) O alumnado que obtivese unha cualificación
de suspenso nas probas da avaliación continua ou na convocatoria da primeira
edición de actas (decembro de 2014) deberá presentarse á convocatoria da
segunda edición de actas (xullo) fixada para o 30 de xuño de 2015 ás 16.00
horas na aula C5. A proba consistirá en: - Unha tradución fr>gl a realizar na aula con tempo limitado (2 horas): 60%
da nota. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar
ningunha ferramenta electrónica. - Unha encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o día do exame
e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nun máximo de 7 días
naturais: 40% da nota. Será preciso aprobar as dúas partes para superar a materia. Poderase facer
media sempre e cando unha parte estea aprobada e a outra teña unha nota mínima
de 4 sobre 10. O plaxio ou copia cualificarase
cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que sexa
obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Os erros de lingua que
sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso
provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame realizado. |