O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua (v. 1) ou avaliación única (v. 2). 1 Avaliación continua: para o alumnado que siga o curso con asistencia regular ás sesións (80% mínimo; este mínimo controlarase mediante as follas de asistencia que se entregarán ao final da sesión. Para poder asinar a folla, cómpre asistir á totalidade da sesión), propoño un sistema de avaliación continua. Neste caso, para superar a materia e facer media, é imprescindible aprobar tamén unha proba que contará cunha parte teórica (bloques de contexto, introdución e teoría) e unha práctica (tradución). No caso de suspender unha delas, gardarase a aprobada até o exame oficial de xullo. A proba será por escrito conformada de: 1 proba teórica + 1 ou 2 probas prácticas (informarase do número (1 ou 2) e do tipo (castelán-galego e/ou galego-castelán) durante as últimas sesións). Trátase de: — proba teórica: conformada a partir das sesións maxistrais e actividades introdutorias impartidas pola profesora. A extensión será acorde co tempo de exame; — proba práctica 1: tradución con/sen dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame; — proba práctica 2: tradución sen/con dicionario dalgunha das lecturas complementarias ás sesións maxistrais. A extensión será acorde co tempo de exame. A proba terá lugar durante a última sesión do curso, é dicir, mércores 15 ou xoves 16 de xaneiro, en función do correspondente grupo de aula. 2 Avaliación única: o outro sistema de avaliación única está pensado para o alumnado que non asiste ás sesións. Existen dúas convocatorias: en decembro (mércores 15 ou xoves 16 de xaneiro, en función do correspondente grupo de aula) e en xullo (data oficial); consiste en: — proba teórica: conformada a partir dos contidos das lecturas obrigatorias presentadas na bibliografía. A extensión será acorde co tempo de exame. Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Será unha proba de tipo test. O alumnado será penalizado con -0.2, no caso das respostas incorrectas; — proba práctica 1: tradución con dicionario de textos tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas. A extensión será acorde co tempo de exame; — proba práctica 2: tradución sen dicionario dalgunha das lecturas complementarias ás sesións maxistrais. As lecturas facilitaranse a medida que avance o curso e estarán a disposición do alumnado no Servizo de reprografía da Facultade, xerarquizados por data de impartición durante as sesións, así como pola etiqueta "lecturas de sesións maxistrais" desta materia. A extensión será acorde co tempo de exame. Prevense sesións de revisión de probas. En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobado/a acadaraa quen supere todas e cada unha delas. |