Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos. 10 A1
A2
A3
C8
C13
D9
D15
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 30 A1
A2
A3
C1
C2
C3
C4
C8
C17
D2
D4
D7
D15
D22
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. 15 A1
A2
A3
C2
C8
D4
D9
D17
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. 35 A1
A2
A3
C1
C2
C4
D2
D4
D7
D15
D22
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba de resposta curta. 10 A1
A2
A3
C1
C2
C13
D2
D9
D17
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que se acolla á modalidade presencial debe superar todas as probas para superar a materia. Isto é, lectura obrigatoria, encomendas, tarefas realizadas en clase, control sobre os conceptos teóricos e exposición de traballo. As datas de entrega indicaranse a principios de curso 

A data de entrega por escrito do traballo obrigatorio é a finais de marzo de 2016. En caso de detectar plaxio nalguna das partes do mesmo, a
cualificación será 0.

Se o alumnado suspende algunha destas probas deberá presentarse ao exame final para tentar recuperalas. O exame final terá lugar durante o período de docencia na derradeira sesión de clase (abril de 2016) na aula asignada.

O alumnado que se acolla á modalidade non presencial deberá presentarse a esa convocatoria ou ben á convocatoria de xullo de 2016. O exame consistirá na presentación por escrito dun traballo sobre os contidos teóricos, a realización dunha proba de tradución do francés cara ao galego dunhas 400 palabras, así como do control da lectura obrigatoria.

A profesora conservará os resultados das probas superadas ata a convocatoria de xullo que fixará o centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000