Resolución de problemas e/ou exercicios |
Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. |
30 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. |
35 |
O alumnado que se acolla á modalidade presencial debe superar todas as probas para superar a materia. Isto é, lectura obrigatoria, encomendas, tarefas realizadas en clase, control sobre os conceptos teóricos e exposición de traballo. A data de entrega por escrito do traballo obrigatorio é o 11 de marzo de 2015. En caso de detectar plaxio nalguna das partes do mesmo, a
cualificación será 0. Se o alumnado suspende algunha destas probas deberá presentarse ao exame final para tentar recuperalas. O exame final terá lugar durante o período de docencia na derradeira sesión de clase (o 29 de abril de 2015) na aula asignada. O alumnado que se acolla á modalidade non presencial deberá presentarse a esa convocatoria ou ben á convocatoria de xullo de 2015. O exame consistirá na presentación por escrito dun traballo sobre os contidos teóricos, a realización dunha proba de tradución do francés cara ao galego dunhas 400 palabras, así como do control da lectura obrigatoria. A profesora conservará os resultados das probas superadas ata a convocatoria de xullo que fixará o centro. |