Lección maxistral |
As sesións maxistrais destinaranse a presentar o marco profesional da tradución dende o francés cara ó galego e a relembrar o proceso da tradución. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |
Obradoiro |
Os obradoiros son a principal ferramenta diagnóstica. Neles proporanse traducións dirixidas, co fin de tentar a competencia tradutora do alumnado. Ó mesmo tempo, as traducións dirixidas permitirán familiarizarse co método de traballo e de avaliación da profesora. |