Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Na modalidade mixta, unha parte do estudantado permanecerá na aula ao tempo que a outra parte seguirá a clase dun modo preferentemente síncrono, ou dun modo asíncrono se a ferramenta utilizada así o aconsella. As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas tanto na modalidade mixta como presencial, mentres que os grupos e as quendas se adaptarán para cumprir coa normativa sanitaria.

En caso de suspensión completa da actividade docente, isto é, que a formación da materia se imparta en modalidade non presencial, todo o alumnado seguirá a clase no horario previsto a través da plataforma docente Faitic. Impartiranse as clases na aula virtual e manteranse todas as probas de avaliación previstas na guía coas mesmas porcentaxes. Tanto as titorías como as aulas levaranse a cabo a través dos medios proporcionados pola Uvigo (aulas e despachos virtuais, Faitic e correo electrónico).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000