Avaliación continua: A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir nalgún momento esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se, por causa de forza maior (traballo, enfermidade...), a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. Para poder ser avaliada/o, é obrigatorio ter aprobada cada unha das avaliacións das distintas metodoloxías. O alumnado acollido ao sistema de avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo debe superar un exame con todos os contidos da materia. Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única: O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá acollerse á avaliación única. Neste caso, a avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame que terá lugar o último día de aulas (coincidindo co de avaliación contínua). De non superar a materia nesta primeira edición de actas, disporase dunha segunda oportunidade en xullo (2ª edición de actas). Neste caso, a proba terá lugar na data fixada pola Facultade.
O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (85%), un comentario ou preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas na tradución (10%) e unha pregunta de control de lectura (5%). Penalizarase a copia e o plaxio. |