Nas dúas primeiras semanas de clase, todos os alumnos deberán entregarlle ó profesor da materia unha ficha de datos con foto. Non se avaliará ningún alumno que non entregue a ficha. Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumnado deberá participar en todas as actividades previstas na materia. Nas distintas probas propostas será imprescindible responder tódalas preguntas. Salvo que se indique outra cousa, pódese responder en calquera das dúas linguas de traballo da materia. Con respecto á corrección dos exames e exercicios, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame ou exercicio. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Nos exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a internet e outros materiais. No caso do alumnado que non se acollan á avaliación continua, deberá realizar un único exame na data fixada oficialmente polo decanato. O exame terá unha parte teórica (resposta a unha ou dúas preguntas sobre a parte teórica do temario e/ou as lecturas obrigatorias; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente. O exame, obrigatorio para tódolos alumnos, realizarase na data oficial fixada polo decanato. Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame na data fixada polo decanato. O exame terá unha parte teórica (resposta a unha pregunta sobre a parte teórica do temario; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente. |